terça-feira, 27 de outubro de 2009

A mercantilizaçom do saber

Sob o título "O sistema educativo axeonllado ante o mercado" vê a luz em Altermundo esta interessante reflexom de Santiago Quiroga, mestre e activista social, que foca, como nom podia ser doutro jeito, a mercantilizaçom do ensino superior através do Plano Bolonha, panaceia do ultraliberalismo em crise.

[...]

As políticas neoliberais están estreitamente vencelladas ao crecemento exponencial da escola “pública” concertada; na Comunidade de Madrid, baixo o mandato do PP, as aulas concertadas pasaron de 8.041 no curso 1999/00 a 11.028 no curso 2004/05, o que supón un aumento do 37% en 5 anos; ademais, a CAM é a rexión onde máis creceu no curso 2004/05 o alumnado dos colexios privados, con 10.824 alumnos máis, é dicir un incremento do 125% (Burgos Tejero, 2006). Outro dato revelador é que a inversión en investigación militar supera en 300 veces o presuposto destinado á investigación educativa (Toribio Barba, 2008).

[...]

Con este panorama, ¿debemos rexernos moralmente por políticas educativas que estimulan a competencia, se alicerzan na desigualdade social e domestican ao pensamento? Eu, como docente, non.

1 comentário:

  1. avanzamos cara a destruçom do ensino público. E quedamos sem alternativas nem espaços para a lingua galega e para os galegos nele... As espectativas som terríveis.

    ResponderEliminar